Música

Venres 17 de abril:
Ola!!Que tal o xogo das notas?pensadeis que vos axudou a pasar un rato divertido para mellorar a vosa lectura musical?
No enlace que deixo a continuación podedes ver a resolución dos dictados melódicos propostos o martes. Inclúo dúas formas de facelo: no pentagrama ou ben seguindo o esquema melódico, é dicir se pensades que o son é ascendente a liña sube, e se é descendente pois baixa. Tamén temos en conta se hai un salto melódico, é dicir se as notas están moi separadas a liña subirá máis. Vos non tendes que facelo das dúas maneiras, escollede a que prefirades. 
A partir do luns as actividades propostas as deixarei na Aula Virtual onde tamén podemos plantexar dúbidas ou suxerencias.

Unha aperta.

Tamar.



Martes 14 de abril:
Bos días!A miña proposta para esta semana é traballar as notas musicais, tanto o seu son como a súa colocación no pentagrama. Para isto propóñovos realizar dous bloques de dictados melódicos, deixo un exemplo feito que vos poida guiar, pero calquera dúbida xa sabedes que podedes escribir aquí ou o email. 
Para mellorar a lectura musical amén vos deixo un vídeo moi divertido e un enlace a un xogo.
O venres engadirei os dictados melódicos resoltos.

Unha aperta.

Tamar.







Xoves 2 de abril:

Bos días!A miña proposta para estes días é un xogo rítmico con vaso, o vaso ten que ser de plástico pero podedes utilizar unha botella de plástico se non tendes. O ritmo é un acompañamento para o estribillo da canción Vivir, seguro que estes días a escoitáchedes algunha vez. Ten unha letra moi interesante, invítovos a que lle prestedes atención e se vos apetece, crear o voso propio ritmo: para isto explorade primeiro as posibilidades sonoras que vos ofrece o instrumento, é dicir, o vaso ou botella. E por suposto se vos apetece compartilo aquí tendes o meu email: musicaceiplaxeiro@gmail.com
Déixovos o vídeo da canción así como os enlaces aos vídeos explicativos do ritmo proposto.

Unha aperta.

Tamar
EXPLICACIÓN DO RITMO
FRAGMENTO DO RITMO COA CANCIÓN




Luns 30 de marzo:

Bos días!!Hoxe déixovos varias propostas de instrumentos musicais para fabricar con materiais da casa. Podedes facer o que queirades, dos que teñades materiais ou o que vos guste máis, se facedes algún e vos apetece mandar a imaxe ou vídeo do voso instrumento esterei encantada de velos: musicaceiplaxeiro@gmail.com.

Un saúdo.

Tamar










Venres 27 de marzo:

Bos días!Hoxe celébrase o Día Mundial do Teatro, por iso pretendo acercarvos unha ópera para hoxe, xa que é un xénero musical que inclúe entre outras artes a dramaturgia. Deixo o vídeo da ópera El Barbero de Sevilla e o enlace da Metropolitan Opera onde se poden visualizar óperas de xeito gratuito, rexistrándovos previamente.

Un saúdo e bo fin de semana.

Tamar



ENLACE A VISUALIZACIÓN DE ÓPERA



Xoves 26 de Marzo:

Bos días! Hoxe fai 193 anos faleceu un dos compositores máis importantes da nosa historia: Beethoven. Para conmemoralo déixovos uns vídeos para que coñezades más detalles da vida e obra do compositor, inclúo un enlace que vos leva a páxina web da Orquestra Filarmónica de Berlín que nestes días ofrece de xeito gratuito concertos online.


CONCERTOS DA ORQUESTRA FILARMÓNICA DE BERLÍN



Mércores 25 de marzo

Bos días!Para hoxe propóñovos lembrar unha canción que fixemos na primeira avaliación: Kokoleoko. No seguinte vídeo aparece completo o xogo da palmas, é probable que precises doutras mans , así que pode tornarse nun xogo en familia. 




Bos días!!
Que tal?estades seguindo os retos de musicaviral?algunhas propostas resultan algo complexas e por iso non as estou a subir...de todolos xeitos na páxina web de COAEM actualizan cada día a proposta.

Eu deixareivos cada dous ou tres días algunha actividade. Para hoxe, luns a miña proposta é un xogo de composición musical, mediante o estilo beat box.


XOGO BEAT BOX




Bos días!

Que tal vos foi co reto de onte?a proposta para hoxe é a de Campanita del lugar. Deixo o enlace a partitura, a base instrumental sobre a que podedes tocar cando saiades á ventá as 12 e un tutorial para axudarvos a preparar a canción.
PARTITURA
BASE INSTRUMENTAL
BASE INSTRUMENTAL VERSIÓN ROCK
TUTORIAL


Ola!!

Como seguro sabedes estes días hai moitas propostas de actividades e retos, dende aquí propóñovos unirnos ó reto de #musicaviral proposto pola COAEM (Confederación de Asociaciones de Educación Musical) no que cada tarde realizarán unha proposta musical para interpretar ó día seguinte ás 12 dende a vosa fiestra ou balcón.
Para mañá convócase a interpretación do compositor checo Dvorak Sinfonía del Nuevo Mundo. Deixo o enlace as partituras así como os vídeos e audios para que vos resulten más doados e algún tutorial que atopei en Youtube.
Animádevos a sacar a rúa a música!

Tamar 


Partitura para frauta
Partitura para cantar
Video da Sinfonía
Tutorial frauta
Vídeo frauta
Audio parte vocal


Bos días:
Ao longo deste período vouvos deixar enlaces de actividades propostas para que repasedes conceptos que xa traballamos na clase. Se tendes algunha proposta ou dúbida podedes engadila en comentarios e intentaremos solucionala.
A miña proposta para hoxe é que repasedes a canción de Maio Longo para frauta, deixovos abaixo o enlace.

Unha aperta.

6 comentarios:

  1. Hola Tamar,soy Saúl, La partitura de campanillas del lugar,no coincide con la melodia que suena en el tutorial.El segundo pentagrama no suena en el tutorial.Podria haber agún error?.Gracias y mucho ánimo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Hola Saúl!En la partitura de campanillas solo interpretariamos con la flauta el pentagrama de arriba,los otros dos sería si quisiéramos tocar con más gente haciendo polifonia. Gracias por la pregunta porque olvidé hacer la aclaración. Espero que estéis llevando esta situación lo mejor posible. Un abrazo.

      Eliminar
  2. Hola Tamar soy Brisa los dictados y los ejemplos no me deja abrirlos

    ResponderEliminar
  3. Hola Brisa!
    Acabo de comprobar los enlaces a los audios y los ejemplos y no me figura ningún error.Si puedes por favor vuelve a intentar abrirlos,si continúas sin poder escucharlos mándame un email a musicaceiplaxeiro@gmail.com y te los envío por correo. Muchas gracias.

    ResponderEliminar