viernes, 13 de marzo de 2020

INSTRUCIÓNS POLO PARÓN DO CORONAVIRUS

14 de abril de 2020


Benvidos ao 3º trimestre do curso 2019/2020
       
       Cómo estades  chicos/as? Os vosos profes  lémbranse moito de vós. 
      Esperamos que  estedes todos   ben  xunto coas vosas familias. Estamos a pasar unha situación moi complicada e coa axuda de todos/as  conseguiremos saír dela.
      Como xa vos adiantamos seguiremos traballando desde casa. Esta semana seguiremos desde o blog. A partir da próxima, xa pasaremos  a ter como ferramenta de traballo a Aula virtual. 
      Ao longo do venres recibiredes por Abalar as contrasinais para o seu acceso. Tamén enviaremos as  claves para que teñades os libros virtuais.
       Paracalquera aclaración ou dúbida con respecto á organización do traballo, estamos dispoñibles a través do teléfono do colexio e do correo electrónico.



Estimadas familias:

Seguindo as instrucións da Consellería en relación a esta situación de emerxencia o profesorado publicará actividades relacionadas cos contidos curriculares que o alumnado debe realizar na súa casa, a través dun ordenador, tablet ou móvil.

O blog de cada nivel educativo incluirá acceso a todas as materias onde se atopan as diferentes tarefas.

Apelamos á responsabiliade dos pais/nais e titores/as e valoramos moi positivamente a súa colaboración durante este inusual período.
Moitas grazas,

Un saúdo